Podemos Vigo celebra o Día das Letras Galegas cunha homenaxe ás escritoras galegas

Publicado por o día 14/05/2015 na sección de Podemos,Vigo

Podemos Vigo celebra o Día das Letras Galegas cunha homenaxe ás escritoras galegas

– En 53 anos, só tres mulleres foron homenaxeadas nesta data 

Este 17 de maio, Podemos Vigo celebrará o Día das Letras Galegas cunha festa-homenaxe ás mulleres que amaron e escribiron na nosa lingua.

Será unha merenda na que varias persoas dos círculos de Podemos recordarán que en Galicia temos unha fermosa lingua que a día de hoxe aínda non convive en pé de igualdade co castelán.

Podemos Vigo quere recordar así que o galego “foi, durante séculos, silenciado, marxinado e relegado ao ámbito do fogar… xustamente como o foi a voz das mulleres”. Esa é a idea de fondo desta celebración: reivindicar a lingua na voz das mulleres galegas. E, lembrar, de paso, que en 53 anos, só tres escritoras foron homenaxeadas nesta data.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS PODEMOS VIGO

“Homenaxe as mulleres que amaron e escribiron na nosa lingua”

DATA: Domingo 17 de Maio de 2015

LUGAR: LA MORENETA, Doctor Cadaval 5 bajo

HORA: 17:00

INTRODUCCIÓN E PRESENTACIÓN DAS COMPAÑEIRAS: Carmen Santos.

– Exposición de Autoras:

Biografía Rosalía de Castro: Nancy, Vigo Oeste

Poema Rosalía “Negra Sombra”: Ana Pérez, Vigo Oeste.

Biografía Francisca Herrera: Mayka, Vigo Oeste.

Poema Francisca Herrera “Cando eu era rica”: Cruz, Vigo Oeste.

Biografía María Mariño: Concepción, Vigo Oeste

Poema María Mariño “¡Inda vou na misma meniña…”: Montse Costoya, Vigo Navia. Biografía Asunción Arias: Noemia Añón, Vigo Navia.

Poema Asunción “Alquimia no corazón”: Alba Guiadanes, Vigo Sur

– Charla sobre muller e xornalismo en galego. Celtia Traviesas.

– Opinións masculinas sobre a língua, e porqué as mullers son invisibles, e que lles fixo comprender esta celebración.

– Frases de afecto ao galego das nenas pequeñas presentes.

PRENSA PODEMOS VIGO