Podemos Vigo esixe a dimisión inmediata dos cargos públicos imputados na Operación Patos

Publicado por o día 25/09/2015 na sección de Operación Patos,Podemos,Política

Podemos Vigo esixe a dimisión inmediata dos cargos públicos imputados na Operación Patos

Podemos Vigo estende a súa petición de cese inmediato do concelleiro Ángel Rivas a todos os membros da corporación municipal imputados hoxe mesmo na Operación Patos. A formación considera de extrema gravidade que todos os imputados na rama viguesa de devandita operación sexan parte do núcleo duro do alcalde Abel Caballero, con quen xa compartiron mandato na anterior legislatura Regades, Rivas e Abelairas, responsable ademais esta última dun dos departamentos peor xestionados do concello vigués e có que se fixo un uso electoralista deplorable.

A formación entende que as responsabilidades penais derivadas do asunto serán clarificadas tralo correspondente xuízo, pero iso non significa que non sexa obligatoria a asunción de responsabilidades políticas, que haberían de tomar a forma de demisións inmediatas, tanto na rama municipal como na que salpica á Xunta de Galicia.

A organización reitera que ningún representante público pode ser sospeitoso de cometer feitos delitivos no exercicio das súas funcións, pois esta sospeita desacredita ás institucións e supón un insulto á cidadanía que apoiou co seu voto ao equipo de Abel Caballero.

Podemos Vigo considera que asuntos como este poñen unha vez máis de manifesto que as tramas clientelares e o amiguismo non son casos illados nin mazás podrecidas: son a verdadeira sabia da que se nutre o réxime bipartidista que impera en todos os niveis da administración.

Por todo iso, Podemos Vigo estende a súa esixencia de que Ángel Rivas sexa cesado de xeito inmediato a David Regades e Isaura Abelairas e esixe tamén a Caballero que mostre o seu respecto pola cidadanía viguesa presentando a súa dimisión.

PRENSA PODEMOS VIGO