Podemos Vigo presentou o proceso de primarias para as eleccións municipais

Publicado por o día 14/01/2019 na sección de Galicia,Podemos,Política,Vigo

Podemos Vigo presentou o proceso de primarias para as eleccións municipais

Este luns 14 de xaneiro, nunha asemblea celebrada no Café de Catro a Catro, o Secretario Xeral de Podemos Vigo, Xaquín Pastoriza, presentou o calendario e procedementos das primarias de Podemos para as institucións municipais.

Segundo o regulamento aprobado pola dirección estatal de Podemos, abriuse o prazo para a presentación de candidaturas para aquelas persoas inscritas que queiran exercer a representación de Podemos nas institucións municipais de Vigo. O proceso culminará cunhas votacións telemáticas a celebrar entre os días 1 e 5 de febreiro e ás que están chamadas a votar as máis de 4.000 persoas inscritas en Podemos Vigo.

Estas candidaturas, que poden ser individuais ou formando listas, teñen que ser necesariamente avaladas pola militancia, polo que se celebrará unha asamblea para avalar o día 22 de xaneiro ás 20,30h no Café de Catro a Catro(R/Xirona, 16). Tamén poden ser avaladas por outros óganos colexiados coma o Consello Cidadán galego ou a Secretaría Xeral Autonómica.