UPYD asistirá ao acto pola unidade de España no Congreso

Publicado por o día 11/09/2019 na sección de Política,UPyD

UPYD asistirá ao acto pola unidade de España no Congreso
O líder de Unión Progreso e Democracia (UPYD), Cristián Brown, expresou publicamente que asistirá ao acto organizado polo Partido Popular no Congreso dos Deputados en defensa da unidade de España.
 
Cristián Brown, agradeceu na rede social Twitter a invitación de Pablo Casado e manifestou o seu desexo de que “todos os constitucionalitas remen na mesma dirección”. Así mesmo, o portavoz da formación magenta expresou que a unidade de España e os avances logrados en democracia deben estar por encima das ideoloxías ou os intereses partidistas.
 
Ademais, o partido progresista lembrou a súa presenza na manifestación de febreiro en Colón e reiteran que é fundamental a unidade das forzas políticas fronte aos populistas e os separatistas que atacan constantemente ao noso Estado de Dereito.