A Policía Autonómica detén dous homes na Coruña por violencia de xénero

Actualmente a Policía Autonómica ten asignada a protección dun total de 188 vítimas de violencia de xénero
Publicado por o día 26/05/2017 na sección de A Coruña,Galicia,Sucesos,Vigo

A Policía Autonómica detén dous homes na Coruña por violencia de xénero

Axentes da Policía Autonómica da Coruña informaron hoxe da detención de dous homes na Coruña por supostos delitos de violencia de xénero contra as súas parellas.

Axentes do grupo Viogen, de Protección de Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero da Policía Autonómica da Coruña, detiveron esta semana, en días distintos, dous varóns logo de que supostamente cometesen cadanseu delito de violencia de xénero.

Actualmente a Policía Autonómica ten asignada a protección dun total de 188 vítimas de violencia de xénero.