A Policía Autonómica detén un home na Coruña por un suposto delito de violencia de xénero

Actualmente a Policía Autonómica ten asignada a protección dun total de 183 vítimas de violencia de xénero
Por o 22/05/2017 | Sección: Sucesos,Vigo
A Policía Autonómica detén un home na Coruña por un suposto delito de violencia de xénero

Axentes da Policía Autonómica da Coruña informaron hoxe da detención dun home por un suposto delito de violencia de xénero contra a súa parella.

Axentes do grupo Viogen, de Protección de Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero da Policía Autonómica da Coruña, foron requiridos para desprazarse ata o lugar onde aparentemente se estaba producindo un episodio de violencia de xénero. Alí, e despois de entrevistarse coa presunta vítima, procedeuse a detención dun varón, que foi conducido a dependencias policiais, onde se tramitaron as correspondentes dilixencias, quedando á disposición xudicial.

Actualmente a Policía autonómica ten asignada a protección dun total de 183 vítimas de violencia de xénero.