A Policía Autonómica detén un home en Ourense por un suposto delito de violencia de xénero

Actualmente a Policía Autonómica ten asignada a protección dun total de 185 vítimas de Violencia de Xénero
Por o 24/05/2017 | Sección: Sucesos,Vigo
A Policía Autonómica detén un home en Ourense por un suposto delito de violencia de xénero

Axentes da Policía Autonómica de Ourense informaron hoxe da detención dun home por un suposto delito de violencia de xénero contra a súa parella.

Axentes do grupo Viogen, de Protección de Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero da Policía Autonómica de Ourense foron requiridos pola presunta vítima para que se desprazasen ata o lugar onde aparentemente se producira un episodio de violencia de xénero. Alí, procederon á detención dun varón, que foi conducido a dependencias policiais, onde se tramitaron as correspondentes dilixencias, quedando a disposición xudicial.

Actualmente a Policía autonómica ten asignada a protección dun total de 185 vítimas de violencia de xénero.