A Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio forestal no concello de Muros

No que vai de ano, son 40 os investigados pola Policía Autonómica por delitos relacionados con lumes nos montes galegos
Publicado por o día 30/05/2017 na sección de Sucesos,Vigo

A Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio forestal no concello de Muros

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Santiago de Compostela informaron hoxe do esclarecemento dun incendio forestal no concello de Muros, unha actuación que se realizou en colaboración cos axentes do distrito forestal de Fisterra.

O lume tivo lugar o pasado 23 de abril, na parroquia de Serres, no concello de Muros, e afectou unha superficie rasa de 0,02 hectáreas. O lume produciuse polo escape dunha queima realizada polas dúas persoas investigadas, e na que non se adoptaron as precaucións estipuladas na normativa.

Foron tramitadas dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda en Muros. No que vai de ano, son 40 as persoas detidas/investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.