A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal no Concello de Arteixo

No que vai de ano, son 49 os investigados pola Policía Autonómica por delitos relacionados con lumes nos montes galegos
Publicado por o día 28/06/2017 na sección de Medio Ambiente,Sucesos

A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal no Concello de Arteixo

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Coruña informaron hoxe do esclarecemento dun incendio forestal no concello de Arteixo, na provincia da Coruña.

Axentes da Policía Autonómica da xefatura da Coruña procederon á imputación dun home como presunto autor dun incendio forestal ocorrido o pasado 21 de xuño no lugar de Outeiro, en Arteixo e que afectou a unha superficie aproximada dunhas 0,11 hectáreas de monte arborado e outras 0,11 hectáreas de monte raso. O lume produciuse cando o investigado estaba a realizar unha queima sen adoptar as medidas de seguridade pertinentes. Para a extinción do lume foi necesaria a intervención dos efectivos do servizo contra incendios da Xunta.

Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de garda da Coruña. Na actual campaña anti-incendios forestais do 2017, un total de 49 persoas foron detidas/investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.