A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal no concello de Ourense Escoitar

No que vai de ano, son 50 os investigados pola Policía Autonómica por delitos relacionados con lumes nos montes galegos
Publicado por o día 29/06/2017 na sección de Galicia,Medio Ambiente,Ourense,Sucesos

A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal no concello de Ourense Escoitar

Axentes da Xefatura Provincial da Policía Autonómica de Ourense informaron hoxe do esclarecemento dun incendio forestal no concello de Ourense e procederon á imputación dun home veciño da localidade como presunto autor dun lume ocorrido o pasado 23 de xuño na finca do Parque Botánico.

O incendio afectou a unha superficie aproximada dunhas 0,01 hectáreas de monte raso e produciuse, supostamente, polas tarefas de desbroce que se estaban a realizar na finca. Durante os traballos unha faísca serviu de orixe para que as lapas se propagasen con rapidez. Hai que ter en conta que na data dos feitos o Índice de Risco Diario de Incendio (IRDI) na zona era alto.

Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de garda de Ourense. Na actual campaña anti-incendios forestais do 2017, un total de 50 persoas foron detidas/investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.