Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Santiago de Compostela informaron hoxe do esclarecemento dun incendio forestal no concello de Porto do Son.
A Policía Autonómica de Santiago procedeu á imputación dun varón como presunto autor dun incendio ocorrido o pasado 26 de xullo, na parroquia de Queiruga, e que afectou unha superficie rasa de 0,03 hectáreas. O lume produciuse polo lanzamento de foguetes pirotécnicos nas festas patronais da Virxe do Carme. Polos feitos descritos, tramitáronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Garda de Noia.
Na actual campaña anti-incendios forestais do 2017, un total de 71 persoas foron detidas/ investigadas pola Policía Autonómica, como presuntas autoras de incendios forestais.
Noticias de última hora en Vigo