A Policía Autonómica leva a cabo 104 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega
Publicado por o día 29/05/2017 na sección de Sucesos,Vigo

A Policía Autonómica leva a cabo 104 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo durante a pasada semana un total de 104 inspeccións de control de menores en 9 concellos galegos.

Por parte dos distintos Grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, nesta pasada semana realizáronse 18 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos da Coruña, Lugo, Ordes, Oroso, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron levantadas 16 actas de infraccións á Lei 11/2010: 1 por venda e 11 por consumo de alcohol. Tamén se levantou unha acta por venda de tabaco e 3 por consumo de drogas en menores. Foron identificadas 101 persoas e inspeccionadas 104 zonas de ocio, locais e centros comerciais.

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcohol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.