Policía e Bombeiros interveñen en 70 incidencias provocadas polo temporal de vento e choiva

O temporal de vento e choiva deixou un total de 70 incidencias en Vigo durante as últimas horas. Bombeiros e Policía interviñeron sen que se rexistrase ningún dano persoal. A maioría das actuacións foron debido a inundacións e ramas de árbores caídas na calzada.
Publicado por o día 07/11/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Policía e Bombeiros interveñen en 70 incidencias provocadas polo temporal de vento e choiva

O alcalde informou este mércores das actuacións levadas a cabo por axentes da Policía Local e efectivos do Parque de Bombeiros durante as últimas horas debido ás incidencias provocadas polo temporal de vento e choiva que afectou a toda Galicia.

Segundo explicou Abel Caballero, a maioría das actuacións de axentes da Policía Local e Bombeiros foron por inundacións en vía pública e baixos (21), sumidoiros e arquetas desbordadas (11), caída de árbores ou ramas (10), colectores ou vallas (10), problemas de alumeado público (6), desprendementos en muros (4), cables caídos (4), grupos semafóricos inutilizados (2), danos en farola (1) e en transformador (1).

Ademais, rexistráronse problemas coa subministración eléctrica en varios lugares da cidade, como en Martínez Garrido ou zonas de Saiáns e San Miguel de Oia. O alcalde tamén indicou que houbo que intervir na rúa Cabalaira e en Paulino Freire por incidencias co alumeado navideño.