A Policía Local de Mos alcanza as 900 actuacións durante os 7 primeiros meses de ano

A alcaldesa de Mos eloxia o incansable labor a prol da seguridade cidadá e do cumprimento da lei desenvolvida polos/as axentes municipais
Publicado por o día 31/07/2017 na sección de Galicia,Mos

A Policía Local de Mos alcanza as 900 actuacións durante os 7 primeiros meses de ano

Durante a semana do 24 ao 30 de xullo a Policía Local de Mos viu realizando varias actuacións reseñables en materia de seguridade cidadá e de control da ocupación da vía pública para a realización de venda ambulante non autorizada.

Por unha banda os axentes do turno de tarde do pasado 26 de xuño efectuaron o seguemento, identificación e denuncia do condutor dun vehículo sospeitoso que resultou tratarse dun varón con antecedentes e que conducía en posesión de varias doses de heroína preparadas para o consumo.

Por outra banda, tamén a patrulla de tarde pero neste caso do día 29 de xullo, localizou un turismo marca Opel modelo Astra, que fora roubado e contaba con denuncia presentada polo propietario ante a Garda Civil.

Por último onte domingo, día 30 de xullo, pasado o mediodía, axentes da Policía Local mosense en patrulla pola parroquia de Torroso, procederon ao levantamento dun posto de venda ambulante que non contaba con autorización municipal para a ocupación do vial público e atopábase instalado na Avenida de Peinador.

Estas útimas actuacións veñen a engrosar a lista do elevado número de intervencións realizadas pola Policía Local nos sete meses transcorridos do presente ano 2017, que a data de hoxe suman case a cifra de 900 e representan unha media mensual que supera as 120 accións ó mes.

Exactamente o total de actuacións efectuadas polos axentes locais dende o 1 de xaneiro ao 31 de xullo de 2017 ascende a 858 distribuídas do seguinte xeito:

Expedientes medioambientais 78

Exedientes urbanísticos 79

Expedientes varios relacionados coa función policial 116

Ttrámites e expedientes xudiciais 99

Accidentes de circulación con atestado policial 20

Solicitudes de compañías de seguros 88

Denuncias de tráfico 301

Denuncias efectuadas pola Lei de Seguridade Cidadá  1

Retiradas de vehículos da vía pública 13

Atestados instruídos por delitos ou delitos leves 8

Xestión e trámite de vehículos abandoados 17

Xestión e devolución de obxectos perdidos e documentación 14

Certificados relacionados coa función policial 24

Neste sentido a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, responsable directa da Policía Local de Mos, destacou “o incansable labor dos/as axentes integrantes da mesma á hora de velar pola seguridade cidadá dos veciños e veciñas do municipio así como polo cumprimento da lei en igualdade de condicións”.