A Policía ordena a expulsión de España do activista de orixe romanesa Lagarder Danciu

O activista de orixe romanesa recibiu unha orde da Dirección Xeral da Policía na que se lle avisa de que se iniciaron os trámites para a súa expulsión de España
Publicado por o día 08/12/2016 na sección de Social,Vigo

A Policía ordena a expulsión de España do activista de orixe romanesa Lagarder Danciu

O activista de orixe romanesa recibiu unha orde da Dirección Xeral da Policía na que se lle avisa de que se iniciaron os trámites para a súa expulsión de España. Con todo, el afirma que non obedecerá: “Tamén é o meu país”.

A través da súa conta de Facebook, o activista de orixe romanesa Lagarder Danciu, coñecido por boicotear diversos actos políticos e polo seu defensa dos dereitos das persoas sen fogar, deu a coñecer unha orde emitida pola Dirección Xeral de Policía na que se indica que se iniciou o proceso de expulsión. Tamén, que a mesma se fará efectiva en 15 días.


O expediente chega despois de que Lagarder fose detido en Málaga despois tentar rebentar un acto político celebrado con motivo do Día da Constitución. Tras pasar a noite no calabozo, o propio activista fíxose eco do inicio dos trámites para a súa expulsión.

“A policía política do PP emitiu unha orde de expulsión sen fundamento algún. Como é posible isto? Dá medo este país”, sinalou Lagarder, á vez que afirmou que non vai abandonar España: “Tamén é o meu país”.

Nunha entrevista concedida aos medio ‘Enfoques’, o activista romanés relata que, tras o seu arresto, o trato durante a súa estancia nos calabozos foi “humillante” e “terrible”. Neste sentido, denuncia Lagarder nos medio insultos procedentes dun axente da Policía Local como “vete a Romanía, este non é o teu país” ou “a ver se vén as coletas para sacarche do calabozo”.

Neste sentido, o activista acusou tanto ao alcalde de Sevilla, Juan Espadas, co que entrou en conflito, segundo conta, “por impedir o desaloxo do Campamento Dignidade”, como ao alcalde de Málaga de usar á policía “para criminalizar a protesta dos sen teito”.

ORDEN DE EXPULSIÓN EN 15 DÍAS…La policía politica del PP ha emitido una orden de expulsión del país sin fundamento alguno. Cómo es posible esto? Da miedo este país…

Posted by Lagarder Danciu on Wednesday, December 7, 2016