A policía venezolana atopa 200 millóns de bolívares en efectivo no maleteiro do coche de Lilian Tintori

Publicado por o día 30/08/2017 na sección de Sucesos

A policía venezolana atopa 200 millóns de bolívares en efectivo no maleteiro do coche de Lilian Tintori

O fiscal xeral venezolano Tarek William Saab asegurou que a policía científica de Venezuela atopou 200 millóns de bolívares (en torno a 60.000 dólares o cambio) en efectivo no maleteiro do coche de Lilian Tintori, esposa do opositor venezolano Leopoldo López.

Mentres por unha banda o Corpo de Investigacións Científicas Penais e Criminalísticas de Venezuela incautábase de 200 millóns de bolívares que estaban no interior do coche coche de Tintori, esta expresaba na rede social Twitter: “Este diñeiro é para pagar os gastos da miña avoíña que ten 100 anos e está hospitalizada desde hai días. Ela non ten seguro“.

Lilian Tintori considera unha montaxe suxerir que fai “algo ilegal” con ese acto e afirma que “como sempre, demos a cara coa verdade. Non teño nada que esconder. Aos que perseguen, pídolles que respecten a dor familiar“, espetou.

Leopoldo López, o principal líder da oposición venezolana, está encarcerado desde 2014 pola violencia nas protestas contra o Goberno de Nicolás Maduro saldadan con máis de 40 mortos. Actualmente está condeado a case 14 anos de cadea e desde hai uns meses cumpre a sua pena con arresto domiciliario.