Política Social apoia a creatividade e ocio saudable entre a mocidade no festival Demostra de Cultura Urbana

Publicado por o día 07/09/2019 na sección de Galicia,Mos,Xunta de Galicia

Política Social apoia a creatividade e ocio saudable entre a mocidade no festival Demostra de Cultura Urbana

 A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, destacou esta tarde a importancia de fomentar a creatividade e o talento entre a mocidade, así como a práctica do deporte e do ocio saudable. Díxoo na visita á segunda edición do festival de cultura urbana Demostra organizada polo Concello de Mos e que conta co apoio da Xunta de Galicia.

Durante toda a xornada de hoxe desenvolveuse un amplo programa de actividades, con obradoiros de grafitti, beatbox ou skate; exhibicións de baloncesto ou BMX e un concerto de rap. O evento contou cunha carpa informativa sobre as vantaxes do Carné Xove, que permite acceder a descontos e ofertas nos establecementos colaboradores desta iniciativa, desfrutar de tarifas máis reducidas nas instalacións de Xuventude e tamén en determinados programas e actividades, e dispoñer de seguro gratuíto de viaxe nos desprazamentos ao estranxeiro.

Comentar noticia

Your email address will not be published.