Política Social avaliará a petición do Concello de Moraña de poñer en funcionamento unha unidade pública de Alzhéimer

A Xunta incrementou no último ano en máis dun 48% as horas de Servizo de Axuda no Fogar á disposición deste municipio

A conselleira de Política Social, Fabiola García, amosou a súa dispoñibilidade a estudar a proposta de que se poña en marcha unha unidade de Alzhéimer con prazas públicas en Moraña que lle trasladou esta mañá a alcaldesa deste municipio pontevedrés, María Luisa Piñeiro. Fíxoo tras manter un encontro de traballo con esta rexedora co obxecto de repasar os recursos de índole social que hai á disposición da veciñanza.

Fabiola García reiteroulle o compromiso do Executivo autonómico coas galegas e galegos de máis idade, tamén en Moraña. Unha mostra deste compromiso é o incremento de máis do 48% das horas de Servizo de Axuda no Fogar (SAF) postas a disposición deste concello, ata superar as 13.300 horas anuais. Este reforzo, xunto co feito de que nesta localidade se empregan a totalidade das horas que ten asignadas, permite que na actualidade teñan coidados profesionais nos seus domicilios unha vintena de persoas e que se reducira considerablemente a lista de agarda.

Unha mostra deste compromiso da Administración autonómica coas persoas maiores e aquelas que teñen limitada a súa autonomía persoal é que nos últimos dez anos cuadruplicouse o número de persoas dependentes que perciben algunha prestación, ata superar a día de hoxe os 60.000. Esta cifra, récord histórico nesta comunidade, supón unha ratio de cobertura do 88,5% e sitúa a Galicia no cuarto posto no ránking das 17 autonomías.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM