O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, destacou esta mañá a importancia da formación como ferramenta para a integración e para mellorar as condicións de vida. Díxoo no acto de clausura dos cursos en operacións básicas de restaurante e bar, e en comercio tradicional e dixital organizados pola Fundación Secretariado Gitano ao abeiro do programa Acceder.
Arturo Parrado felicitou ás persoas e empresas colaboradoras que participaron nesta iniciativa que permite avanzar cara a igualdade de oportunidades, así como na superación das dificultades e prexuízos que aínda persisten. Neste sentido, avogou por continuar a traballar na eliminación de calquera tipo de discriminación, a través da sensibilización, a formación e a intervención coas familias.
A Xunta de Galicia achega anualmente 66.000 euros á Fundación Secretariado Gitano para financiar o desenvolvemento de itinerarios personalizados de inserción sociolaboral, ademais de actuacións formativas e de reforzo educativo dirixidas á poboación xitana.
Noticias de última hora en Vigo