Política Social colabora na integración laboral dunha ducia de persoas cun curso de formación en electricidade e telecomunicacións

Unha ducia de persoas iniciaron esta formación, dúas delas encontraron traballo antes de rematala
Publicado por o día 01/08/2019 na sección de Social

Política Social colabora na integración laboral dunha ducia de persoas cun curso de formación en electricidade e telecomunicacións

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, reivindicou a cooperación entre a Xunta de Galicia, entidades sociais e empresas privadas para a integración laboral das persoas en exclusión social. Fíxoo na entrega de diplomas que clausurou o curso de formación de operacións de montaxe de instalacións eléctricas e de telecomunicacións en edificios posto en marcha en colaboración con Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol e a Fundación Endesa.

Arturo Parrado puxo en valor o traballo diario de Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol con aquelas persoas que máis o necesitan. Ademais, salientou o papel que realiza na inclusión social e laboral destas persoas con diferentes cursos de formación como este no que participaron unha ducia de persoas, das que dúas xa encontraron traballo antes de rematar o curso. Tamén deu as grazas á Fundación Endesa por estar comprometida coa inclusión e ser partícipe en iniciativas como esta.

Neste senso, o director xeral de Inclusión Social garantiu o compromiso da Xunta de Galicia con todos aqueles que se encontran nunha situación de vulnerabilidade e incidiu a seguir a traballar da man para fomentar a plena integración destas persoas na sociedade a través dun itinerario laboral.