Política Social reforza a colaboración coa organización misión del silencio de Vigo á que concede máis de 85.000 euros en axudas

A Xunta ofrece subvencións ao seu comedor social, para a adquisición de electrodomésticos e para melloras nas súas infraestruturas
Publicado por o día 15/11/2019 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

Política Social reforza a colaboración coa organización misión del silencio de Vigo á que concede máis de 85.000 euros en axudas

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou esta mañá a organización Misión del Silencio de Vigo onde mantivo unha entrevista de traballo cos seus responsables para coñecer as necesidades ás que se enfrontan. Desde o 2018 a Xunta de Galicia vén colaborando con esta entidade, á que lle le leva concedidos máis de 85.000 euros en axudas.

En concreto, o Goberno galego subvenciona o servizo de comedor e financia a adquisición de novos electrodomésticos e obras mellora nas infraestruturas do centro. O director xeral destacou a importancia da colaboración entre as administracións públicas e as entidades sociais para lograr unha maior inclusión dos diferentes colectivos.

Arturo Parrado sinalou que a intención da Administración autonómica é continuar ofrecendo axuda a organizacións como Misión del Silencio de Vigo que cada día abren as súas portas para ofrecer apoio ás persoas que máis o necesitan.

Comentar noticia

Your email address will not be published.