Política Social visita o centro de acollida e albergue da Fundación da Santa Cruz en Vigo

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, coñeceu de primeira man estes servizos dirixidos a persoas en situación de vulnerabilidade
Publicado por o día 29/02/2020 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

Política Social visita o centro de acollida e albergue da Fundación da Santa Cruz en Vigo

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, gabou hoxe á Fundación da Santa Cruz polo traballo que realiza a pé de campo e os 365 días do ano coas persoas máis vulnerables e con maior risco de exclusión. Díxoo durante unha visita ao centro de acollida e ao albergue desta entidade no barrio vigués de Teis, que conta co apoio da Xunta.

Arturo Parrado indicou que o apoio ás persoas e familias con menos recursos para favorecer a súa plena integración é un compromiso prioritario na axenda pública das administracións. Neste sentido, avogou por continuar adiante co traballo conxunto coas entidades sociais para avanzar cara a unha sociedade na que toda a xente teña as mesmas oportunidades e ninguén quede á marxe.

Ao respecto, o director xeral engadiu que a finalidade da coordinación e colaboración entre as administracións e o tecido asociativo é que as políticas sociais sexan verdadeiramente eficaces e cheguen ás persoas e fogares que realmente as precisan.