Polo centro de saúde que Navia necesita, con máis médicos, pediatras e profesionais

O mércores 11 de xaneiro ás 19 horas dende a rúa Teixugueiras nº 18-20 ata o centro de saúde de Navia
Por o 30/12/2016 | Sección: Sanidad,Vigo
Polo centro de saúde que Navia necesita, con máis médicos, pediatras e profesionais

Convocan unha manifestación para o mércores 11 de xaneiro ás 19 horas que partira dende a rúa Teixugueiras nº 18-20 ata o centro de saúde de Navia. Como e ben sabido falta de persoal na Atención Primaria da Área sanitaria de Vigo é ben coñecida por todas e todos pois a sufrimos cando pedimos cita para acudir a unha consulta de medicina de familia, de enfermaría ou necesitamos fisioterapia. Esta situación agrávase aínda máis cando necesitamos acudir ás consultas de pediatría. As causas desta situación son os recortes de prazas, o incumprimento da promesa electoral de construír novos centros de saúde en Vigo e a mala planificación nas necesidades dos profesionais, no caso da pediatría, xunto cunha política de contratación so centrada no aforro económico.

Por todo isto reclamamos, de xeito urxente:
 Utilizar tódolos recursos dispoñibles na actualidade no Centro de Saúde de Navia, para o que é preciso dotalo de máis persoal de medicina de familia, pediatría, de enfermería, matronas, fisioterapeutas, auxiliares, persoal de servizos xerais, etc. Este Centro ten unha importante lista de espera para cambiar de médico de familia e polas características da súa poboación precisa reforzar de xeito importante a Pediatría.
 Crear un Centro de Atención Primaria no Anexo II do H. Xeral que permita, ademais do traslado xa feito da rúa Bolivia, redistribuír tarxetas sanitarias dos Servizos de Atención Primaria da Dobrada e rúa Cuba e adscribir as do barrio de San Roque na contorna do Hospital Xeral.
 Dedicar os Centros de Especialidades, tralo seu peche, á Atención Primaria para mellorar o espazo dispoñible no CS da Dobrada e para desconxestionar López Mora (que está en malas condicións) e Coia.

Os convocantes son a A.VV Novo Vigo, Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo e SOS Sanidade Pública