Ponte Caldelas avanza na creación do seu portal de venta online

Concello e Coempo mantiveron hoxe unha nova reunión de traballo
Publicado por o día 29/07/2020 na sección de Galicia,Ponte Caldelas

Ponte Caldelas avanza na creación do seu portal de venta online

O Concello de Ponte Caldelas e a Asociación de Comerciantes (Coempo) están a traballar na posta en marcha dunha web de venta online na que todos os negocios de Ponte Caldelas poidan ofertar os seus produtos e que a clientela poida mercar sen necesidade de saír da casa.

Hoxe en día, Internet é o mellor escaparate de calquera negocio e os establecementos que non se adaptan aos novos tempos teñen altas probabilidades de fracasar no seu negocio. Por iso, Concello e Coempo mantiveron hoxe unha reunión de traballo para ultimar os detalles da creación do portal que albergará as ventas online dos comercios de Ponte Caldelas nun momento no que é importante adaptarse ás novas modas, os novos xeitos de consumir e ós novos escaparates: Intertet e as redes sociais.

Concello de Ponte Caldelas e Coempo van da man na posta en marcha desta tenda online na que os comercios do municipio e os seus produtos poderán verse dende todo o mundo. En breve, convocarase unha reunión para que todos os negocios de Ponte Caldelas coñezan a web, o seu funcionamento e o xeito de traballar de maneira actualizada e permanente.

Comentar noticia

Your email address will not be published.