O Concello de Ponte Caldelas iniciou hoxe as obras de renovación do céspede artificial do campo de fútbol de Chan da Barcia. A empresa adxudicataria, Mecano Sport, traballará arreo co fin de ter rematados os traballos para o inicio da tempada, “ese será o obxectivo, que o 8 de setembro a SCD Ponte Caldelas teña o campo listo, como novo céspede colocado”, afirmou nesta xornada o alcalde Andrés Díaz.
O Goberno local cumpre así cos compromisos adquiridos coa Sociedade Cultural e Deportiva Ponte Caldelas e iniciou nesta xornada a substitución dun tapete de herba sintética que data de hai 13 anos e que foi recibido xa a comezos do anterior mandato coa vida útil esgotada, ao tratarse dunha primeira xeración deste tipo de material que, ademais, deteriorouse aceleradamente pola falta dun mantemento adecuado.
Para a colocación do novo céspede o concello realizará un investimento, 100 por 100 procedente das arcas municipais, de 156,171 euros. Con esta inversión Andrés Díaz quere amosar “que os seus compromisos se cumpren” e a súa “aposta polo deporte” en Ponte Caldelas.
A empresa adxudicataria, Mecano Sport, dispón dun prazo máximo de execución de 28 días, polo que as molestias para o club de fútbol serán mínimas e os novos terreos de xogo estarán pronto en disposición de seren utilizados.
A nova superficie de xogo do campo de fútbol terá unha vida útil de 20 anos ao estar confeccionada cos últimos adiantos tecnolóxicos e céspede homologado. Ademais, para garantir a súa durabilidade será sometida a un plan de tratamento, con limpezas periódicas e un tratamento integral anual.
As obras consisten no seguinte: na colocación dos 6.720 metros cadrados da nova alfombra, previa aplicación dunhas 40 toneladas de area de sílice e, finalmente, o reparto doutras 30 toneladas de caucho. A herba terá unha altura de entre 40 e 65 milímetros e a base elástica sobre a que se instalará dun mínimo doutros 10 milímetros.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.