O programa Caldelas Viaxa, co que o Concello de Ponte Caldelas ofrece seis excursións á súa veciñanza, comezou esta fin de semana cunha saída de toda a fin de semana a Asturias. Un total de 280 veciños e veciñas sumáronse a esta iniciativa municipal e tiveron así ocasión de gozar desta actividade organizada polo Goberno local (PSdeG-PSOE, AVP e BNG).
Acompañados do alcalde, Andrés Díaz, os asistentes visitaron Xixón, onde fixeron noite, pero tamén tiveron ocasión de coñecer Ribadesella, a praia de Gulpiyuri (Llanes), Cangas de Onís, o santuario de Covadonga e os lagos de Enol e A Ercina.
En Cangas de Onís houbo ocasión de adquirir produtos da terra, pois a visita coincidiu coa xornada feirada neste célebre pobo asturiano ao pé dos Picos de Europa.
As excursións de Ponte Caldelas paran agora, pois por mor da coincidencia co período electoral xa non haberá máis ata o que decida a próxima Corporación.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.