Ponte Caldelas dedica esta semana ao libro Invisibles, de Montse Fajardo

O Concello acolle unha presentación da obra, un auténtico alegato contra a violencia machista, e ofrece tamén a súa adaptación teatral
Publicado por o día 25/06/2019 na sección de Galicia,Ponte Caldelas

Ponte Caldelas dedica esta semana ao libro Invisibles, de Montse Fajardo

Dobre cita en Ponte Caldelas para achegarse ao traballo da escritora e xornalista Montse Fajardo, pois o Concello programou unha presentación pública do libro e unha representación da súa adaptación teatral. Ámbalas dúas actividades de xeito completamente gratuíto.

O próximo xoves, día 27, a autora, Montse Fajardo, presentará o libro, no que se recollen os relatos de sete mulleres vítimas de maltrato. Barállase a posibilidade de que algunha delas poida asistir ao acto.

Para o sábado, día 29, no salón do colexio Cordo Boullosa está programada a representación teatral. Unha obra, financiada polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, que ten tres premios de teatro María Casares. Producida por Redrum Teatro e dirixida por Marian Bañobre.

O Concello de Ponte Caldelas aposta así por un programa dobre ao redor da mesma obra. Montse Fajardo tamén comprometeuse a asistir á representación teatral e a participar nun debate ao remate, xunto coas actrices Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez.

Comentar noticia

Your email address will not be published.