Ponte Caldelas destaca a calidade da oferta en conciliaci贸n familiar, pero bota en falta o comedor no colexio da Reigosa

Publicado por o d铆a 14/09/2018 na sección de Galicia,Ponte Caldelas

Ponte Caldelas destaca a calidade da oferta en conciliaci贸n familiar, pero bota en falta o comedor no colexio da Reigosa

O Concello de Ponte Caldelas iniciou o curso escolar con total normalidade e fai unha valoraci贸n positiva da oferta existente no municipio en materia de conciliaci贸n familiar e laboral. Non obstante, un ano m谩is, volve reiterar a聽 s煤a preocupaci贸n polo desinterese da Conseller铆a de Educaci贸n da Xunta de Galicia por dotar ao colexio da Reigosa de comedor escolar, a pesar da s煤a proximidade aos pol铆gonos industriais da Reigosa e O Campi帽o,聽 onde hai un alto 铆ndice de emprego feminino.

O Goberno local (PSdeG-PSOE, AVP e BNG) considera que o centro urbano conta con suficientes alternativas de conciliaci贸n, pois disp贸n do comedor escolar no colexio Cordo Boullosa, a garder铆a Gali帽a Azul, a ludoteca municipal e, finalmente, a garder铆a privada Papaventos. Non as铆 as familias cuxos nenos/as acoden ao colexio da Reigosa.

Segundo os datos聽 dispo帽ibles, o comedor do colexio Cordo Boullosa funciona en horario de 14 a 16 horas. O prezo var铆a en funci贸n da renda dos proxenitores, dos 0 euros aos 4,50 euros. A Gali帽a Azul, que acolle aos nenos/as de ata 3聽 anos, est谩 aberta de 8 a 16 horas e tam茅n disp贸n de comedor con bono Concilia. A ludoteca est谩 aberta de 16 a 20.30 horas para as idades comprendidas entre os聽 3 e os 11 anos. Finalmente, a garder铆a Papaventos (tam茅n para nenos de ata 3 anos) opera entre聽 as 7.30 e as 20.30 horas. Dispo帽en de comedor e tam茅n xestionan o bono Concilia.

O Concello de Ponte Caldelas, que realiza as obras de mantemento de todas as instalaci贸ns docentes p煤blicas, volveu reiterar este ano a s煤a dispo帽ibilidade para cubrir a totalidade da demanda existente coa execuci贸n das obras dun comedor escolar do colexio p煤blico da Reigosa. Unha obra que requirir铆a da sinatura dun convenio coa Xunta de Galicia para transferirlle os fondos, pois tr谩tase dunha competencia auton贸mica.

Hai d煤as semanas, o alcalde caldel谩n inclu铆u esta obra na carta que remitiu ao presidente da Xunta, Alberto N煤帽ez Feijoo, con motivo do comezo do curso pol铆tico galego.聽 Na carta,聽 ademais da petici贸n dunha entrevista formal, detallou as actuaci贸ns pendentes en Ponte Caldelas, entre as que o comedor da Reigosa (as铆 como un ximnasio digno para o centro) ocupa un lugar destacado.