Ponte Caldelas entregou 163 libros de benvida ás nenas e nenos nacidos no concello

A iniciativa iniciouse coa chegada de Andrés Díaz á Alcaldía, en xuño de 2015
Publicado por o día 12/08/2020 na sección de Galicia,Ponte Caldelas

Ponte Caldelas entregou 163 libros de benvida ás nenas e nenos nacidos no concello

O Concello de Ponte Caldelas dá a benvida a todas as nenas e nenos nacidos no municipio entregándolles un ‘libriño do bebé’ no que as familias poden ir anotando os acontecementos máis importantes na vida da nena ou neno. Esta iniciativa púxose en marcha coa chegada de Andrés Díaz á Alcaldía de Ponte Caldelas, en xuño de 2015, e dende entón entregáronse un total de 163 libros a 75 nenas e 88 nenos.

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, valora moi positivamente este pequeno agasallo que se entrega a toda a cativada que nace no municipio e que supón “unha agarimosa benvida  ás nenas e nenos que  no  futuro  encherán de  alegría as rúas e camiños de todo o concello”.

Este libriño permite que as familias vaian elaborando un emotivo álbum de recordos nos que  poden  incluir  fotografías,  datas  importantes,  os  primeiros  pasos,  as  primeiras palabras e tamén outros acontecementos relevantes na vida familiar.

Comentar noticia

Your email address will not be published.