O Concello de Ponte Caldelas ten unha aposta decidida polo turismo de calidade e este ano da un paso adiante coa posta en marcha dun aparcamento gratuíto para autocaravanas a carón da Praia Fluvial da Calzada. Nun enclave único e a carón da única praia fluvial con Bandeira Azul de toda España, os turistas poderán durmir e desfrutar dun espazo máxico e, ó tempo, contar con todos os servizos do casco urbán para que poidan consumir na hostalería e no comercio de Ponte Caldelas. Terán tamén á súa disposición os aseos gratuítos do chiringuito da Praia Fluvial.
“O de autocaravanas é un turismo de calidade, de perfil familiar, respetuoso co Medio Ambiente, que buscan tranquilidade e contacto coa natureza, por iso se escolleu o enclave do actual aparcamento da Praia Fluvial da Calzada para poñelo en marcha”, explica o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz. O parquing queda en desuso logo de peche do Paseo da Calzada ó tráfico, unha medida que se tomou para permitir unha mobilidade peonil segura e que tivo moi boa acollida entre a veciñanza, polo que se manterá tamén neste 2021. O espazo será sometido nos vindeiros meses a un acondicionamento antes da súa inauguración como estacionamento para autocaravanas.
O Concello elaborará unha normativa de uso do espazo no que só poderán estacionar autocaravanas durante un máximo de 72 horas. Non se poderán desplegar mesas, cadeiras, toldos… e os animais de compañía deben permanecer nos vehículos e só moverse para entrada ou saída. Non se poden poñer en marcha xeradores de electricidade, haberá control sobre o ruído e para o vaciado dos depósitos as autocaravanas poderán usar a instalación xa dispoñible en Chan da Barcia.
Nos meses de verán, Ponte Caldelas contará con dúas patrullas da Policía Local que traballar en horario de mañá e tarde e que se encargarán de controlar o acceso á zona e que se respecte o cumprimento da normativa.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.