Ponte Caldelas estrenará aparcamento gratuíto de autocaravanas a carón da Praia Fluvial da Calzada

O Paseo da Calzada continuará sendo exclusivo para peóns e só se permitirá o acceso de vehículos de emerxencias, autocaravanas e vehículos de persoas mobilidade reducida acreditada

O Concello de Ponte Caldelas ten unha aposta decidida polo turismo de calidade e este ano da un paso adiante coa posta en marcha dun aparcamento gratuíto para autocaravanas a carón da Praia Fluvial da Calzada. Nun enclave único e a carón da única praia fluvial con Bandeira Azul de toda España, os turistas poderán durmir e desfrutar dun espazo máxico e, ó tempo, contar con todos os servizos do casco urbán para que poidan consumir na hostalería e no comercio de Ponte Caldelas. Terán tamén  á súa disposición  os  aseos gratuítos  do  chiringuito  da  Praia Fluvial.

“O de autocaravanas é un turismo de calidade, de perfil familiar, respetuoso co Medio Ambiente, que  buscan  tranquilidade  e contacto  coa  natureza, por  iso  se escolleu o enclave do actual aparcamento da Praia Fluvial da Calzada para poñelo en marcha”, explica o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz. O parquing queda en desuso logo de peche do Paseo da Calzada ó tráfico, unha medida que se tomou para permitir unha mobilidade peonil segura e que tivo moi boa acollida entre a veciñanza, polo que se manterá  tamén  neste  2021.  O  espazo  será  sometido  nos  vindeiros  meses  a  un acondicionamento antes da súa inauguración como estacionamento para autocaravanas.

O Concello elaborará unha normativa de uso do espazo no que só poderán estacionar autocaravanas durante un máximo de 72 horas. Non se poderán desplegar mesas, cadeiras, toldos… e os animais de compañía deben permanecer nos vehículos e só moverse para entrada ou saída. Non se poden poñer en marcha xeradores de electricidade,  haberá  control   sobre  o  ruído  e  para  o  vaciado  dos  depósitos  as autocaravanas poderán usar a instalación xa dispoñible en Chan da Barcia.

Nos meses de verán, Ponte Caldelas contará con dúas patrullas da Policía Local que traballar en horario de mañá e tarde e que se encargarán de controlar o acceso á zona e que se respecte o cumprimento da normativa.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM