Ponte Caldelas impulsa o expediente para a construci贸n e explotaci贸n do Balneario de Ponte Caldelas

O anteproxecto da estaci贸n termal contempla a execuci贸n de tres piscinas, unha delas cuberta por un edificio acristalado
Publicado por o d铆a 30/09/2018 na sección de Galicia,Ponte Caldelas

Ponte Caldelas impulsa o expediente para a construci贸n e explotaci贸n do Balneario de Ponte Caldelas

O expediente para a construci贸n e explotaci贸n en r茅xime de concesi贸n da futura estaci贸n termal de Ponte Caldelas est谩 en marcha. O Concello prepara a exposici贸n ao p煤blico do anteproxecto arquitect贸nico e do estudo de viabilidade econ贸mico-financeira, pasos previos para a licitaci贸n.

Una vez adquirida a parcela 谩 Sociedade de Reestruturaci贸n dos Activos Bancarios (Sareb) o pasado mes de xu帽o, o Goberno local (PSdeG-PSOE, AVP e BNG) encargou a redacci贸n dos documentos que servir谩n de base para o concurso, deixando abertas posibles melloras polas empresas interesadas, sempre que encaixen na edificabilidade existente.

A “filosof铆a” que se persegue 茅 a dunha estaci贸n termal sostible e sen ning煤n parecido co quebrado macroproxecto impulsado polo anterior equipo de goberno que, ademais de quedar parado con s贸 unha pequena parte da estrutura executada, significou a demolici贸n do hist贸rico Balneario caldel谩n, propiciando as铆 un duro golpe 谩 autoestima local.

O anteproxecto, cun orzamento total de 1.867.741 euros, contempla tres piscinas de augas termais, d煤as ao aire libre e unha terceira baixo un edificio de s贸 dous andares, encaixado na pendente do terreo e cunha fachada completamente recuberta de cristal para acentuar a sensaci贸n de transparencia na contorna fluvial.

O anteproxecto arquitect贸nico dese帽a un inmoble cunha superficie constru铆da de algo m谩is de 1.200 metros cadrados. No baixo sit煤ase a piscina cuberta cuns 200 metros cadrados e tres cabinas de masaxes e tratamentos. As outras d煤as pozas, cunha l谩mina de auga doutros 300 metros, est谩n ao aire libre nunha superficie herb谩cea e comunicada por cami帽os de terra. No andar alto estar谩n a recepci贸n e un local de restauraci贸n.

Tam茅n queda contemplada a urbanizaci贸n da finca, baseada no respecto aos valores naturais da contorna, polo que incl煤ese unha escaleira de acceso ao nivel das piscinas (ademais dun ascensor no interior do inmoble) e unha rampla para uso peonil e de veh铆culos de emerxencias e de servizos que remata con catro prazas de aparcamento restrinxidas. O resto do terreo ser谩 tratado con herba.

O estudo de viabilidade econ贸mico-financeira estima que a instalaci贸n arrancar谩 con 25.000 visitantes o primeiro ano e alcanzar谩 os 50.000 ao quinto. As previsi贸ns econ贸micas prev茅n un balanzo positivo dende o primeiro momento, que supera os 100.000 euros a partir do cuarto exercizo. Ademais est铆mase a contrataci贸n de 5 traballadores, ademais dunha empresa de limpeza.

O Concello est谩 traballando paralelamente na redacci贸n dos pregos do concurso no que se esixir谩 un aforo m铆nimo de 200 persoas e un prezo m谩ximo das entradas de 6 euros, con descontos para nenos e xubilados. A concesi贸n resultante ser谩 por un per铆odo de 30 anos, prorrogables por outros 10. Tam茅n quedar谩n determinadas as condici贸ns da explotaci贸n, inclu铆ndo unha cl谩usula de rescate para o caso de que a instalaci贸n permaneza pechada durante 6 meses.

“脡 un proxecto sostible, integrado na paisaxe e que est谩 destinado a converterse nun dos motores socioecon贸micos de Ponte Caldelas”, subli帽a o alcalde, Andr茅s D铆az. “Un paso crucial para consolidar o noso modelo, que aposta antes que nada polo emprego, pola atracci贸n de visitantes e pola potenciaci贸n dos nosos valores naturais como municipio a cabalo entre o urbano e o rural”. Un modelo que, engade, est谩 incardinado con outras actuaci贸ns, entre as que destacan as reformas da praza de Espa帽a e da avenida de Vigo, r煤a na que vanse habilitar 200 novas prazas de aparcamento.