O programa de dinamización social “Caldelas Viaxa” chegou á súa fin este domingo cunha excursión que percorreu os fitos máis turísticos das localidades portuguesas de Braga e Guimaraes. A expedición caldelá contou coa asistencia do alcalde, Andrés Díaz, e do tenente de alcalde Lito Muíños en representación de todo o Goberno local (PSdeG-PSOE, AVP e BNG).
Remata así unha rolda de seis saídas celebradas ao longo do ano. O programa caldelá é gratuíto para a veciñanza, pois as persoas que se inscriben só deben abonar o custo da comida.
Do éxito deste programa dá boa conta o feito de que este domingo desprazáronse 275 persoas, unha cifra que comeza a ser habitual nos domingos do “Caldelas Viaxa”. A actividade está limitada a persoas empadroadas no Concello de Ponte Caldelas.
O Concello prepara xa o calendario do ano próximo, no que se prevé crecer ata as 8 excursións. O sistema de inscrición, por orde de entrada e previa reserva, mantense diante do bo funcionamento deste ano.
O Goberno local anuncia que a primeira saída será a Asturias, con visita á zona de Covadonga, e será a dunha fin de semana completa. Ao longo do ano repetirase a visita a Ferrol, con paseo en ferry incluído, dado que está limitada a 150 persoas pola capacidade do barco. Tamén repetirase unha das do ano próximo na que o número de solicitudes desborde a capacidade existente. Terán preferencia as persoas que teñan quedado fóra na primeira convocatoria.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.