Ponte Caldelas retirou xa un cento de niños de velutina

Publicado por o día 14/08/2020 na sección de Galicia,Ponte Caldelas

Ponte Caldelas retirou xa un cento de niños de velutina

O Concello de Ponte Caldelas leva xa retirados preto dun cento de niños de vespa velutina a través dunha empresa especializada á que solicitou o servizo logo das reiteradas queixas veciñais polo mal funcionamento do servizo que presta a Xunta de Galicia, administración responsable do control de plagas.

As casuísticas das intervencións son moi variopintas, pois os niños das velutinas atópanse en lugares moi diversos, tanto aire libre, como no interior de vivendas, por iso require de intervencións concretas, medida e personalizadas. Neste momento, de feito, está pendente a intervención con fumigación nunha vivenda, porque a familia que reside na casa ten que abandonar a vivenda durante uns días para poder realizar a actuación sobre o niño. Neste caso, as velutinas instalaron a súa ‘colmea’ no interior da chimenea dunha vivenda, e non é posible a retirada do niño nin o lanzamento do tratamento. Tamén se deu o caso dunha intervención na que foi necesaria a intervención dun carpinteiro, porque o niño estaba instalado no falso teito da vivenda.

“A seguridade dos meus veciños é unha prioridade para min e por iso collemos as rendas do problema que están a supoñer os niños de velutina. A nivel municipal damos así unha resposta rápida, e¿caz e personalizada á veciñanza, que me trasladou en numerosas ocasións o seu malestar e a preocupación polos niños que van xurdindo e que, pese a chamar en numerosas ocasións ao 012, non se lle retiran nin se lle da unha solución”, indica o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz.

Desta maneira, todos os avisos poderán darse no Concello de Ponte Caldelas chamando ao 986750013 (extension 2) e unha empresa especializada fará a retirada coa maior brevidade posible. O custo da retirada para o Concello de Ponte Caldelas é de 108,90 euros por niño.

Comentar noticia

Your email address will not be published.