Ponteareas orgullosa das nadadoras da categoría máster do club de natación

Publicado por o día 04/02/2019 na sección de Galicia,Ponteareas

Ponteareas orgullosa das nadadoras da categoría máster do club de natación

O concello de Ponteareas felicita ás nadadoras da cateogría máster do Club Natación Ponteareas por proclamarse campionas no Campionato Galego da súa categoría celebrado en Pontevedra.

Catro das nadadoras, ademais, nadaron o relevo 4×50 m estilos cat+200 marcando un novo récord galego. Cris, María José, Marga e Nuria subiron o listón nesta proba de relevos e establecen unha nova marca.

O alcalde e a tenente de alcalde, Xosé Represas e Chus Garrote, en nome de todo o goberno de Ponteareas, felicitan a María José Fernández, Marga del Amo, Marta Abreu, Anais Ucha, Clarisa Gesto, Verónica Varela, Cristina Calviño, María Acuña, Tania Suárez, Saladina González, Paula González, María Lourdes Melón, Ana Fernández, Estefanía Chamadoira, Nuria Mutilba, María Paz Álvarez, Leticia Olmo, Verónica Troncoso y Carmen Sueiro polo seu bo traballo e os resutados acadados.

O concelleiro de Deportes, Benito Márquez, agradece o agasallo entregado polo equipo e deséxalles moita sorte para o Campionato de España máster de inverno que se desputará do 7 ao 10 de febreiro.