Ponteareas rende homenaxe a Castelao

Publicado por o día 25/01/2018 na sección de Galicia,Ponteareas

Ponteareas rende homenaxe a Castelao

O Concello de Ponteareas a través da Concellería de Cultura que dirixe a nacionalista Hortensia Bautista convida a toda a veciñanza a participar nos actos da homenaxe a Castelao que terán lugar o sábado 27 e domingo 28 de xaneiro.

O sábado día 17 dende as 11 horas polas rúas do centro urbano Cantares do Cego con Tino Baz e ás 12:30 horas na avenida Castelao fronte ao Colexio Santiago Apostol ofrenda floral e descuberta da nova placa da rúa.

O domingo 28 ás 18 horas no auditorio municipal sesión de teatro para toda a familia coa obra “Pegadas de Castelao” da compañía Migallas.

Coa intención de homenaxear a este pensador, escritor e artista galego e de difundir a súa obra e todas as facetas a concellería de Cultura organiza diferentes actos para todos os públicos.