Pontevedra amplía o patrocinio co triatleta Javier Gómez Noya

O contrato ten por obxectivo manter o patrocinio co triatleta durante dous anos máis, tras ser adiadas as Olimpiadas
Publicado por o día 17/08/2020 na sección de Galicia,Pontevedra

Pontevedra amplía o patrocinio co triatleta Javier Gómez Noya

A Xunta de Goberno local vén de aprobar un novo contrato de patrocinio publicitario co triatleta Javier Gómez Noya. Segundo explicou a portavoz do Goberno, Carme da Silva, trátase dun contrato que se vén facendo nos últimos anos e que estaba previsto manter ata as Olimpiadas, que ao ser adiadas por mor da Covid-19, tamén motivan que o patrocinio con Gómez Noya se amplíe en dous anos máis. O contrato, que ten un importe de 48.400 eurso, ten por obxectivo vencellar a imaxe de Pontevedra coa dun campión do mundo e medallista olímpico, coa cualificación de
deportista de alto nivel galego, con ampla difusión nacional e internacional e que desenvolve a súa actividade en Pontevedra.

“É un luxo e un orgullo que Gómez Noya leve o nome de Pontevedra por todo o mundo” asegurou Carme da Silva. Neste sentido, afirmou que como máxima figura mundial doTriatlon “cando el corre, Pontevedra corre con el”.

Javier Gómez Noya é 4 veces campión do munto de Triatlon, medalla de prata no Xogos Olímpicos de Londres 2012, 5 veces campión de Europa, número 1 no ranking mundial ITU no ano 2015, campión do mundo de Ironman no ano 2017, ademais de ser distinguido co Premio Nacional para o Deporte 2015 e co Premio Princesa de Asturias do Deporte.

Comentar noticia

Your email address will not be published.