Pontevedra, centro de atención no congreso de Le Havre

Publicado por o día 30/09/2018 na sección de Galicia,Pontevedra

Pontevedra, centro de atención no congreso de Le Havre

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, explicou esta tarde a súa experiencia na recuperación dos espazos públicos da cidade para os seus veciños na clausura no LH Forum, o Encontro Internacional de Cidades e Territorios Positivos (Le rendez-vous international des villes & Territoires Positifs) organizado pola Fundación P+sitive Planet na localidade francesa de Le Havre.

O modelo de Pontevedra foi fío conductor de boa parte do foro, con claras referencias de ponentes como o catedrático Carlos Moreno, que apuntou a posibilidade de que Fernández Lores poida dar una conferencia na Sorbona, ou do alcalde de Grenoble, Éric Piolle.

Ademais de participar no congreso, o alcalde tamén puido facer diversos contactos como coa responsable da axencia parisina que está a traballar no deseño urbanístico do municipio de Saint Denis que acollerá as olimpiadas de 2024 e seguir posicionando a Pontevedra internacionalmente no eido da sustentabilidade e recuperación das cidades, un debate que se atopa en pleno auxe no mundo.