Pontevedra para mozos e running, as novas ofertas de Turismo para os visitantes

Por o 27/12/2017 | Sección: Deportes,Galicia,Pontevedra
Pontevedra para mozos e running, as novas ofertas de Turismo para os visitantes

A Concellaría de Turismo completa a súa oferta turística con dúas novas propostas pensadas para as persoas que queiran facer deporte e tamén para a xente nova. Son unha guía de running e unha guía para xente moza que ve Pontevedra de xeito diferente ás guías convencionais.

A guía de running, realizada polo coñecido atleta Víctor Riobó, creouse a raíz de manter encontros con distintos deportistas da cidade que notaban a falta desta oferta turística. Creouse, logo, un plano coas distintas rutas que se poden facer tanto na cidade como nas súas zonas verdes máis próximas: Illa do Covo, Xunqueira de Alba ou o parque do Gafos.

Informa de distancias, complexidade técnica… “trátase de facilitar aos turistas e os traballadores de fóra que fagan actividade física”, explicaba Víctor Riobó.

Ademais, esta guía dispón de información sobre os puntos máis emblemáticos da cidade.

A segunda das ofertas turísticas da Concellaría é unha Guía para mozos e mozas da cidade de Pontevedra. Cunha visión diferente á convencional, Raquel García Bragado realizou o traballo de fin de grao de Publicidade e Relacións públicas, pensando no turismo de xente moza. Ofrece os eventos máis importantes da cidade, a súa historia en cinco minutos, ofertas para os máis aventureiros, diferentes lugares onde xantar segundo “a presa” do visitante ou unha selección de tendas da cidade.

Esta nova guía sairá á rúa nas vindeiras semanas.

Guía turística de Pontevedra para mozos

Mapa_RUNNING_web

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.