Pontevedra obtén o aplauso da Fundación Rosa Luxemburgo en Bruxelas

A concelleira Anabel Gulías realizou unha das conferencias principais do evento no que participaron activistas e profesionais da ordenación do territorio de toda Europa para debatir sobre sistemas alternativos de mobilidade.
Publicado por o día 20/10/2019 na sección de Galicia,Pontevedra

Pontevedra obtén o aplauso da Fundación Rosa Luxemburgo en Bruxelas

Pontevedra estivo presente esta mañá no foro “Movemento Urbano! Conectando resistencias e alternativas!” celebrado esta mañá en Bruxelas e organizado pola Fundación alemá Rosa Luxemburgo. A concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías acompañada do concelleiro do Rural e Xuventude, Alberto Oubiña, participou neste encontro internacional como un dos relatorios principais que abordaba os sistemas alternativos de automóbiles nos centros urbanos.

Xunto a activistas e profesionais de ordenación do territorio, Pontevedra expuxo as actuacións exitosas que teñen posto á cidade como referente mundial, agora enmarcadas dentro da campaña Efecto PO2 que impulsa o Goberno local dende este mandato. Na quenda de preguntas, Anabel Gulías tivo que responder a cuestións relativas á importancia de manter o contacto veciñal nas tomas de decisión, así como a determinación política de levar a cabo un cambio radical nas cidades, onde vive a maior parte da poboación mundial.

A presenza de Pontevedra en foros internacionais tivo esta semana unha actividade destacada coa participación en distintos eventos celebrados en Andorra, Porto e, finalmente, Bruxelas.