O Pontillón está ao 100% e abastece dende onte aos concellos da ría

O río Lérez rexistra un caudal de 60,86 metros cúbicos por segundo, catro veces máis da media rexistrada neste tempo nos últimos catro anos
Publicado por o día 12/12/2017 na sección de Galicia,Pontevedra

O Pontillón está ao 100% e abastece dende onte aos concellos da ría

As intensas chuvias traídas pola borrasca “Ana” elevou de xeito substancial o caudal do río Lérez e mantén ao 100% o nivel de ocupación da presa do Pontillón, que dende este domingo subministra auga aos concellos da ría. Como explicou o portavoz do Goberno local e concelleiro do Ciclo de Auga, Raimundo González, tirar do encoro é o normal nesta época do ano xa que de non facerse así habería que aliviar a auga ao río (tirala) para non desbordar a presa. “Hai que racionalizar os recursos” subiña González Carballo.

A día de hoxe (ás 11.20 horas) o caudal do río era de 60,86 metros cúbicos/segundo, catro veces máis da media rexistrada neste mes nos últimos catro anos que está en 16,98.

Durante o paso de “Ana” chegouse a rexistrar unha punta de 315,58 metros cúbicos/segundo, “nun minuto abasteceríase toda Pontevedra” sinalou Raimundo González.

O aporte da chuvia permite recuperar tamén os acuíferos secos oo baixo mínimos ata agora pola seca.

Por outra banda segue a diminuír o consumo de auga da traída, tanto pola recuperación dos acuíferos e pozos como polo uso máis controlado do recurso. Segundo os datos facilitados polo concelleiro Raimundo González, a media do consumo está en 24.300 metros cúbicos ao día, fronte aos 31.000 rexistrados hai dúas semanas