Pontón pide a feixóo que paralice a venda especulativa da AP9, antesala de peaxes máis caras

Por o 11/09/2018 | Sección: BNG,Política
Pontón pide a feixóo que paralice a venda especulativa da AP9, antesala de peaxes máis caras

A portavoz nacional, Ana Pontón, pediu ao presidente da Xunta que defenda os intereses de Galiza e paralice a venda especulativa da AP9 que, segundo as informacións publicadas, pasa a mans dun novo fondo voitre que se convertería no novo accionista de referencia de Itínere, empresa matriz de AUDASA, que xestiona a autoestrada galega.

“Se eu fose presidente da Xunta paralizaría esta operación porque é o mínimo que pode facer Feixóo, que leva semanas de vacacións e agora vemos que está de paseo, e creemos que non pode estar de brazos cruzados ante unha cuestión de país”, salientou Pontón.

Pese a tratarse dunha infraestrutura clave até agora “Feixóo nin dixo nin fixo nada e pensamos que ten que dar un paso adiante e paralizar esta operación especulativa, porque sabemos que especulación significa peaxes máis caras”, advertiu a dirixente do Bloque. “Vemos como a AP9 está convertida nun gran negocio non só para AUDASA senón tamén para fondos voitre utilizando esta infraestrutura para facer caixa e incrementar os seus beneficios”, denunciou.

Pontón tamén puxo sobre a mesa a pretensión de ABANCA de vender o 23% da súa participación en AUDASA, “é dicir que unha entidade vinculada con Galiza, que obtivo 9.000 millóns de euros públicos, agora pretende malvender as nosas infraestruturas e seguir especulando cunha AP9 clave para este país”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.