Os mitos alimentarios por @dietistarealist | Mito: Aquarius e diarrea

Publicado por o día 14/05/2018 na sección de Alimentación

Os mitos alimentarios por @dietistarealist | Mito: Aquarius e diarrea

Cando decidín estudiar dietética, dinme conta que ía a ter un montón de frontes abertos cos que tería que loitar se quería adicarme á nutrición de maneira profesional. Unha desas guerras é que todo o mundo parece saber máis de nutrición que calquera dos que estudiamos e intentamos manternos actualizados sobre elo. Outra é a loita constante cos mitos profundamente arraigados na sociedade; xa sexa por “tradicións” que pasan de pais a fillos ou por descoñecemento e falta de criterio dalgúns “profesionais” que, nada que investiguen un mínimo, deberían cambiar o seu discurso.

Neste post intentarei explicar por que tomar Aquarius non é a mellor idea no caso de ter diarrea.

Por se hai dúbidas imos a intentar asentar unha serie de conceptos básicos:

¿Que é a diarrea? Podemos definir á diarrea como a evacuación frecuente de feces brandas, liquidas e acuosas.

Causas da diarrea:

• A principal e a máis normal é a causada por un virus o por un parasito. O que coñecemos como gastroenterite vírica. Moi frecuente en nenos. Estes parasitos atópanse agochados nos alimentos ou na auga que tomamos, e producen diarrea a quen os toma.

• Hai outras causas como ser intolerante á lactosa ou celíaco e non sabelo e tomar os alimentos que nos van a sentar mal por descoñecemento.

• Algúns efectos secundarios da medicación que tomemos tamén poden producir diarrea

• Estrés por algún feito puntual, ter un exame por exemplo.

Que pasa cando temos diarrea?

Pois entre outras cousas que perdemos moito líquido, con risco evidente de deshidratación. É suficiente con beber auga? Non, non é suficiente, por dúas razóns, unha que o corpo non a retén e outra que tamén perdemos sales, que son moi importantes repoñer. Pero non de calquera maneira, hai unha concentración de sales concreta.

Basicamente as sales que temos que repoñer son sodio e potasio e a bebida chamada Aquarius non ten suficiente cantidade de ningunha das dúas. Un litro deste refresco conten 200 miligramos de sodio y una cantidade mínima de potasio. Pero cando sufrimos una deshidratación a nivel dixestivo perdemos sobre todo auga e potasio, e o que obteñamos a través desta bebida é insuficiente.

O que si ten, e de sobra, é azucre, segundo a súa composición: 100 mililitros deste refresco conten 4,4 gramos de azucres. É dicir, cunha lata, estamos tomando uns 21 gramos de sacarosa (a OMS non recomenda tomar máis de 50 gramos ao día, nunha dieta de 2.000 calorías). Ese exceso de azucre fai que o corpo intente compensar o desequilibrio que provoca e libere máis auga, producindo diarrea osmótica. Ou o que é o mesmo, de guatemala a guatepeor.

Que debemos tomar? Pois o soro oral que venden nas farmacias, que teñen a cantidade de sales que necesitamos.

En caso de dubida, espírito crítico, informarse e preguntar.

Deixa que o alimento sexa a túa medicina. Hipócrates.