Por segundo ano consecutivo, a AECC pide o apoio social coa iniciativa “Un minuto contra o Cancro”

A AECC xera un movemento social de apoio ás persoas enfermas de cancro
Publicado por o día 12/06/2019 na sección de A Coruña,AECC,Galicia,Social

Por segundo ano consecutivo, a AECC pide o apoio social coa iniciativa “Un minuto contra o Cancro”

Por segundo ano consecutivo, a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) quixo aproveitar o seu tradicional peditorio para crear #1MinutoContraElCancer, un movemento social de axuda a persoas enfermas de cancro. O obxectivo é unir as voces da sociedade española, e trasladarlla a todas as persoas que están diagnosticadas de cancro.

Esta iniciativa tratará de cambiar a percepción que aínda se ten do cancro como unha enfermidade basicamente mortal e transformar o tradicional minuto de silencio, cando hai un falecemento, por un minuto de vida cando che diagnostican cancro.

Traducir a vida a través da música é o eixo deste movemento, xa que a vida e o cancro están cada vez máis vinculados grazas á investigación. Actualmente os índices de supervivencia seguen crecendo situándose nun 60% do total dos diagnósticos.

Ignacio Muñoz Pidal, presidente da AECC, sinalou que “este movemento social non é máis que a manifestación do compromiso que ten a nosa sociedade na loita contra o cancro, apoiando tanto ás persoas enfermas como a entidades que, como a nosa, están día a día á beira de pacientes e familiares cubrindo todas as súas necesidades”.

O peditorio, un día para dar e recibir

Este movemento social coincide por segundo ano consecutivo co tradicional peditorio da AECC. Un día para dar ás persoas con cancro todo o apoio da sociedade española e para recibir fondos cos que levar a cabo a misión da AECC. Os fondos recadados, preto de 6 millóns o ano pasado, permitiron á Asociación que 1.770.919 persoas beneficiáronse dos programas cuxo fin é previr a enfermidade; atender a case 500.000 pacientes e familiares; e destinar 56 M€ en 334 proxectos de investigación. Para as persoas afectadas pola enfermidade, a AECC dispón de programas de apoio e acompañamento que, a través de distintas canles e as 24 horas do día, permiten atender as súas necesidades desde o primeiro momento do diagnóstico e durante todo o proceso da enfermidade. Todos os servizos da Asociación son totalmente gratuítos e pon ao dispor de pacientes e familiares case 1.000 profesionais e máis de 25.000 persoas voluntarias.

Na provincia da Coruña, a AECC conta con servizos de atención psicolóxica, social e de logopedia, desenvolve numerosas iniciativas de prevención, sensibilización, formación e información grazas ás súas máis de 1000 persoas voluntarias e á súa gran implantación territorial con presenza activa en máis de 45 Concellos de toda a provincia.

A AECC defende ás persoas fronte ao cancro loitando contra a enfermidade desde a prevención, a investigación e o apoio tanto a pacientes como a familiares.

Máis de 100 mesas e máis de 250 persoas nas rúas de Ferrol, Santiago de Compostela e A Coruña.

O peditorio permite á AECC da Coruña saír á rúa e coller o pulso á sociedade. Nun momento no que, ademais de recadar fondos, a AECC ten a oportunidade de informar sobre as súas actividades, programas e servizos; concienciar sobre hábitos de vida saudables e achegar a realidade dos pacientes de cancro á poboación.

Comentar noticia

Your email address will not be published.