Por unha nova corporación con corazón

Publicado por o día 14/07/2015 na sección de Os Ninguéns,Social

Por unha nova corporación con corazón

Pensamos que a nova corporación municipal ten que dar un paso para mostrar que quere ter corazón. Por iso pedimos a paralización da venta dos pisos municipais da rúa República Arxentina-esquina Rosalía de Castro, para que sexan o inicio dun parque de vivendas públicas en réximen de aluguer na nosa cidade.

Para acoller, protexer, coidar e mesmo facer xustiza coas persoas paradas de larga duración, nais con fillos, etc, que non poden cubrir as súas necesidades básicas.

Dende o punto de vista sociopolítico e de xustiza social sería un xesto importante para camiñar cara a unha corporación con alma.

Vender pisos de propiedade muncipal é unha auténtico despropósito, como si o concello puxera á venta zonas verdes, guarderías infantís, espazos sanitarios ou culturais, deportivos, etc…

É máis irracional nun concello como o noso cunha economía saneada, chegando ou achegándose á débeda cero. Un concello que invirte importantes cantidades noutras cuestión de dudosa urxencia.

Os pisos municipais son un ben escaso, un patrimonio que non debe ser destiñado a especulación. A vivenda é un dereito constitucional e calquera institución é quén de dar o primeiro paso.

Basta de pelexas: den exemplo e sitúen ás personas PRIMEIRO.

Convocan este acto, como peche da pasada folga de fame e silencio en nome do parque de vivienda para todas, a Rede de Solidaridade Popular de Vigo e Os Ninguéns, pero a fan vosa: de tódolos grupos sociais de Vigo preocupados polo benestar social.

¡¡Acudamos xuntos en unidade!!

O día 22 de xullo, ás 20:00 na Plaza da Constitución de Vigo.

PRENSA OS NINGUÉNS