Por Wesley Ramirez | Vídeoenquisa enquisa sobre a controvertida reforma de Balaídos

Por o 14/05/2019 | Sección: Opinión
Por Wesley Ramirez | Vídeoenquisa enquisa sobre a controvertida reforma de Balaídos
Compartir en:

O Youtuber Wesley Ramires fai chegar a redacción de NoticiasVigo.es unha videoequisa, videoenquisa que foi subida o 7 abril de 2019 sobre a controvertida reforma do estadio de Balaídos.

O Youtuber na descripción da videoenquisa ven a poñer o seguinte; “A remodelación do estadio de Balaidos, máis alá do circo mediático protagonizado polo alcalde de Vigo, e o presidente do Celta, saca a relucir algunhas cuestións que tentaremos amosar neste vídeo. Abel Caballero, xustifica a obra, como algo necesario para a cidade e para os vigueses, cun claro interés electoralista, tan habitual nun político extremadamente populista como él. Por outra banda Carlos Mouriño, non fai outra cousa que defender os intereses da empresa da que é o accionista maoiritario. Mentres, os vigueses asisten á batalla dialéctica a través dos medios de desinformaciòn, pero son realmente conscientes da magnitude do investimento de diñeiro público que supón a reforma dunha infraestructura municipal que vai a ser utilizada case en exclusiva por unha entidade privada, como é o RC Celta S.A.D. ? Coñecen en realidade os cidadáns de cantos cartos falan os políticos cando anuncian ese tipo de investimentos? Saimos á rúa para averigualo”.

O Youtuber na sua mensaxe recibida a noticiasvigo.es ven a manifestar o seguinte; “penso  que un investimento desa magnitude merecía ser consultado aos vigueses, cousa que eveidentemente non ocurriu, nen ocorre nunca nunha cidade gobernada por un alacalde-emperador como é Abel Caballero. Ainda que son consciente de que é moi difícil a publicación de vídeos coma este, dado que o rexedor municipal ten comprada a maioría dos medios locáis, tamén me chama a atención que os partidos da oposición apenas levanten a voz e se pregunten por qué se levan a cabo actuacións coma esa, e intenten informar á cidadania”.

Vídeoenquisa

 

4 Respuestas a "Por Wesley Ramirez | Vídeoenquisa enquisa sobre a controvertida reforma de Balaídos"

  1. Gamela   15/05/2019 at 21:30

    Aínda que a transparencia é unha materia pendente no Concello de Vigo, existe un dato preocupante neste vídeo, a cifra de 50 millóns non parece ser exacta, xa que os gastos en Balaídos véñense facendo dun xeito fraccionado que non permite un seguimento preciso do montante total que o Concello + Deputación + Zona Franca están a librar neste estadio municipal.

    Ata onde eu podo saber a cifra está arredor dos 30 Millóns (e teñen a súa base nun convenio asinado no seu día polo anterior presidente do PP da Deputación de Pontevedra.
    https://flic.kr/p/NG6EzJ

    Estaría ben actualizar os datos (fiables) para que non se nos critique por inflar a cifra total de investimentos públicos en Balaídos…

    Noraboa polo vídeo !!!

    Responder
    • Wesley Ramires   16/05/2019 at 22:26

      Ola Gamela, alégrome de que che gustase o vídeo.
      En canto ó que comentas, penso que nunca sabremos en realidade canto diñeiro se vai investir nesa reforma tanto pola falta de transparencia da que falas como polo desinterés da poboación que se confirma co “pan e circo”.
      De todos modos eu coido que en realidade se van a gastar ainda bastante máis dos 50 millóns (xa sabes: imprevistos, sobrecustos varios, orzamentos inflados…). Polo momento, parece que só na reforma das dúas gradas que faltan + o parking que se vai a facer se van invertir 30 millóns (https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2019/01/26/reforma-marcador-licita-junio-acercara/2039840.html).

      Por certo, a mín dame igual que quen decida facer ese tipo de investimentos sexa do PP, do PSOE ou do partido que sexa.

      Saúdos

      Responder
      • Gamela   17/05/2019 at 6:15

        Pois parece que a ninguén lle interesa aclarar o custe real da broma…? Segundo afirma FdV “El presupuesto conjunto de las tres actuaciones rondará los 30 millones de euros y lo financiarán al 50% el Concello y la Diputación de Pontevedra como hicieron con las obras de Río” Pero como as obras de Río foron fraccionadas deliberadamente para ter titulares contínuos ao longo desta lexislatura que remata… xa non sabemos cantos cartos se gastaron e cantos están pendentes de gastar…?

        Pois se sumamos 30 millons iniciais e agora outros 30 millóns pendentes de gastar a broma iría ata os 60 millóns de eurazos!

        Exactamente o mesmo que imos pagar polo “rescate” do Mar de Vigo (que logo venderemos a trozos como fixemos coas 40 vivendas de Rep.Arxentina!) ?

        En fin que en Vigo non temos “oposición” nen a tivemos nunca…!!!

        Responder
  2. Wesley Ramires   17/05/2019 at 19:04

    Pois sí. Ademáis de non ter “oposición” (non espero nada do PP, pero…que fai a xente de Marea? ), coido que o máis triste é a desidia e falta de oposición real por parte dos cidadáns. A maioría dí que vai votar a Caballero, “porque hace cosas”…vaia argumento…En fín…

    Hoxe mesmo, Día das Letras Galegas, tiña entendido que festivo en Galicia, os traballadores que están “humanizando” a zona dos volcáns en Coia, estaban traballando, non vaia ser que non de tempo a rematar a obra antes do día das eleccións. E unha tomadura de pelo tan grande, que un xa non sabe que pensar. Resulta que por lei non se pode inaugurar ningunha obra en periodo electoral, pero o noso emperador, vello zorro, sabe que palnificando o inicio das mesmas xusto a tempo para que rematen uns días antes das eleccións, o efecto e o mesmo e así o fai. Mentres , insisto, a maioría da xente vaino votar “porque hace cosas”. Home, algo terá que facer, ademáis de decir chorradas ultrapopulistas e tinguir o pelo.

    Saúdos

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.