Tras as palabras de Abel Caballero, nas que indicaba que ía pedir por carta á Xunta de Galicia o investimento de 5,3 millóns de euros na reforma da Bancada de Marcador,o Partido Popular ha contrataacado criticando a reforma de Balaídos. En palabras de Corina Porro, delegada da Xunta en Vigo, esta obra no municipal vigués é un “esperpento” polo que non haberá ningún tipo de investimento por parte do ente autonómico.
Corina Porro, ataviada cunha antiga camiseta do Celta asegurou que a reforma de Balaídos é “unha inmensa chapuza paga polos vigueses” mentres enumeraba fallos no estadio como as súas butacas, cubertas, falta de reforma nos baños ou a falta de aparcamento.
A delegada da Xunta en Vigo tamén lamentou que agora, a solución aos problemas de espazo en Río Baixo “sexa eliminar 600 butacas” nunha obra que acumula “atraso sobre atraso” e na que se está gastando “unha cantidade moi importante de diñeiro público”.
Porro criticou que o goberno municipal do PSOE optase por asumir a reforma, que se converteu en “unha inmensa chapuza paga do peto de todos os vigueses”, con “erros, sobrecustos, atrasos, e reformas das reformas”. “A Xunta non vai participar nese esperpento”, proclamou, e denunciou que nin sequera están claras os investimentos que se fixeron xa, porque esas contas son “un xeroglífico imposible de descifrar”.
“O máis preocupante”, esgrimiu, é que se corre o “risco” de que o Celta “deixe de xogar” en Balaídos, un problema do que responsabilizou ao alcalde, o socialista Abel Caballero, por poñer “paus na roda” mesmo cando xa había un acordo. Porro lembrou que o Plan Xeral que ela impulsou cando era alcaldesa polo PP contemplaba terreos para unha Cidade do Deporte en Valadares. “Abel Caballero e a Xunta bipartita paralizárono, cargáronllo, e fixeron un dano irreparable á cidade e ao deporte”, lamentou e engadiu: “Daqueles pos, viñeron estes lodos”.
Audio da intervención do día de hoxe de Corina Porro delegada da Xunta de Galicia en Vigo respecto a este tema
Porro e Xunta cualifica de “esperpento” a reforma de Balaídos e critica a actitude de Caballero
#Vigo Audio da intervención do día de hoxe de Corina Porro delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Porro e Xunta cualifica de “esperpento” a reforma de Balaídos e critica a actitude de Caballero.
Publicada por Noticias de Vigo en Martes, 27 de agosto de 2019
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.