O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou en rolda de prensa das actividades culturais que o Concello ofrecerá este luns dentro da programación de festas de verán. “Incorporamos grupos de música pop e continuaremos durante o outono, quedan moitos outros grupos que van a actuar tamén”, sinalou o alcalde. Caballero tamén fixo mención da boa asistencia aos eventos e o bo funcionamento das medidas de seguridade.
Así, este luns haberá actuación da Unión Musical de Valladares en Porta do Sol, dentro do Ciclo “Vigo, un mar de bandas”; tamén comeza o XXVI Festival Folclórico Internacional de Vigo, no parque de Castrelos; o espectáculo infantil “Cantos, contos e outras animaladas” será esta vez no parque de Navia, e a continuación, “Contos vivos” a cargo de Avelino González. Por último, celebrarase o concerto do Ateneo Musical de Bembrive en Valadares.
Noticias de última hora en Vigo