Portos de Galicia adhírese ao clúster da Función Loxística de Galicia

Portos de Galicia, dependente da Consellería do Mar, vén de ratificar a súa adhesión ao Clúster da Función Loxística de Galicia, tal como se acordou nunha reunión mantida recentemente entre a conselleira do Mar, Rosa Quintana, a presidenta do ente público, Susana Lenguas, e os representantes desta organización empresarial. Con esta adhesión o organismo portuario contribúe a potenciar o maior aproveitamento das infraestruturas loxísticas da comunidade, entre as que teñen un papel fundamental as do eido portuario.

O Clúster da Función Loxística de Galicia naceu coa vontade de impulsar o sector loxístico galego dende dentro, entendendo que o esforzo non só beneficia ás empresas do sector senón que supón unha vantaxe competitiva para a economía de toda a comunidade. Entre os seus obxectivos destacan a innovación a través da colaboración entre axentes públicos e privados, implantar a loxística 4.0, atraer o talento profesional para a dotación de postos cualificados, optimizar as infraestruturas, favorecer a internacionalización do sistema loxístico e contribuír ao liderado do polo atlántico.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM