Portos de Galicia consensuará co club náutico San Telmo de Tui melloras para as súas instalacións

Publicado por o día 24/09/2018 na sección de Galicia,Mar,Tui
Portos de Galicia consensuará co club náutico San Telmo de Tui melloras para as súas instalacións

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, recibiu esta mañá en reunión institucional aos representantes da directiva do Club Náutico San Telmo do municipio pontevedrés de Tui. Durante esta xuntanza o responsable do ente público e o colectivo abordaron o estado actual da actividade e instalacións do club.

O presidente do club náutico San Telmo trasladou a valoración positiva da temporada estival para o colectivo e interesouse pola tramitación da renovación da concesión de explotación das instalacións. Ademais, trasladou a petición de melloras para as infraestruturas do club, fundamentalmente a madeira dos pantaláns. Ante esta petición, Durán Hermida comprometeu unha visita nos vindeiros días á zona para consensuar as posibles melloras a executar nas instalacións do club.